top of page


yayo daporta
yayo daporta, nado en cambados (pontevedra) no ano 1975, é un recoñecido cociñeiro.
formouse na escola de hostelería de santiago de compostela.
cando rematou os seus estudos estivo a traballar no negocio familiar de cultivo de marisco da ría de arousa, ata que, con 27 anos, empezou a cociñar de xeito profesional.
traballando no restaurante madrileño "Casa Solla", espertou o seu interese pola cociña creativa e de vangarda, e tras pasar por outros restaurantes do territorio español como o restaurante "Alejandro" (Almería) retornou a Madrid, ao restaurante "el amparo", onde perfeccionou a súas habilidades técnicas no tratamento do produto.
no ano 2005, inaugurou en cambados o seu propio restaurante"yayo daporta".
no ano 2008 conseguiu a súa primeira estrela michelín, a cal mantén ata hoxe, e ten tamén dous soles da guía repsol.
yayo traballou tamén na televisión como xurado no programa de cociña "top chef".
cociñar é un traballo que require dos seus tempos de espera, as súas probas... e neste caso tamén de tempo para investigar novas técnicas e novos sabores. é por isto que yayo traballará con nós para ensinarnos a importancia do valor da paciencia.









na unidade didáctica adicada a yayo daporta tivemos que crear unha receita e as mestras ocorréuselles un reto; a receita elexida por yayo cociñarémola no centro.
O certo é que a decisión non foi doada pero ao final houbo gañador!!
bottom of page