top of page



ODAIKO
odaiko percussion group é un grupo galego de percusión que leva nos escenarios cerca de 13 anos ofrecendo diferentes tipos de espectáculos; didácticos, musicais, producións contemporáneas, con bandas de música, orquestras sinfónicas...
ao longo destes anos levaron a cabo 300 actuacións propias e outros proxectos ligados á danza, audiovisual, clásico e didáctica, colaborando sempre con artistas do panorama cultural actual.
Odaiko está integrado por percusionistas multidisciplinares cunha reputada traxectoria ás súas espaldas. Na actualidade, está formado por Juan Collazo, Antonio Ocampo, Félix Rodríguez e Francisco Troncoso.
Odaiko Percussion Group toman o seu nome do odaiko, unha variante de gran tamaño do tambor tradicional xaponés.
porque a perfección só se consigue a base de ensaios e porque crear novos espectáculos require de moito traballo e dedicación, son os motivos polos que consideramos que os membros do grupo odaiko nos axudarán a entender mellor o valor da paciencia.






como ben dixo álvaro cando chegamos ao cole; - hoxe foi un día moi guai-.
e é certo. nin os tres medios de transporte que tivemos que coller, nin a choiva, nin o xeo que caía do ceo puideron estropear o día de hoxe.
Comezamos disfrutando da actuación de odaiko no pazo da cultura . pasámolo en grande e aprendimos moitas cousas. pero o mellor foi cando nos reunimos con eles para facerlles as nosas preguntas.
sen dúbida algunha, son uns tipos xeniais!!!
voltamos moi contentos, ilusionados e cun agasallo musical... que máis podemos pedir?

bottom of page