top of page


david amor
david lópez veleiro (coñecido como david amor), nado en salceda de caselas (pontevedra) no ano 1980, é actor e humorista.
a súa estatura fixo que chegara a ser profesional do balonmán, e incluso a proclamarse subcampión do mundo sub-18 coa selección española. unha lesión obrigouno a abandoar o mundo do balonmán.
comezou a estudiar a licenciatura de ciencias do deporte e aí cambioulle a vida.
no ano 2000 foi a un casting para o rei da comedia e comezou a facer monólogos. finalmente fixo o seu debut na tvg no programa supermartes.
máis tarde presentou o programa o programón e saltou á fama con súper máster.
cando empezaba a destacar no mundo da televisión, o balonmán volveu cruzarse na súa vida pero só estivo un ano.
máis tarde traballou en antena3 no programa el club del chiste .
na actualidade aparece na comedia do canal cuatro "gym tony" e tamén exerce como personaxe principal na nova serie da tvg "augas quentes".
formar parte dun equipo e compartir esceario con diferentes profesionais, require dun entendemento por parte de todos, por iso, david colaborará con nós para demostrarnos a importancia da valor do compañeirismo.







hoxe tivemos na aula a visita de david amor.
o certo é que o nome quédalle perfectamente porque é realmente encantador.
Pasamos un rato moi agradable con el e aprendimos moitas cousas xa que se explica moi moi ben. contounos que el quería ser profe de educación física!!! se algún día retoma esa idea... nós esperamos que veña de profe para o noso cole.
eliximos a david para que nos axudase a traballar o valor do compañeirismo, pero quedounos claro que podería ser o exemplo perfecto para calquera valor.
foi un pracer coñecerte. moitísimas grazas!!!
bottom of page