top of page


reizentolo
reizentolo, creada no ano 2003, é unha empresa galega do sector textil-regalo.
foron tres novos galegos os que decidiron poñer en marcha esta idea aínda que na actualidade só se manteñen dous; salva e pablo. os dous son amigos e residentes en pontevedra.
desenvolven un novo concepto de producto de regalo atemporal.
Plasman as súas creacións en camisetas e en todo tipo de soportes, desde tazas ata chaveiros, caramelos, libretas, calcetíns... sempre desde un nexo común: a retranca, un filtro moi galego de ver as cousas que o transforman en universal, convertendo así o diseño no verdadeiro valor do producto.
Ademáis, reizentolo controla todos os procesos productivos, desde a idea orixinal ata que o artigo é entregado ao consumidor final.
despois de ler todo isto está claro que os zentolos son os que mellor nos poden axudar a traballar o valor do sentido do humor.





pasamos un rato moi entretido vendo o vídeo dos zentolos.
nótase que son moi creativos porque o vídeo comeza e remata dun xeito moi orixinal.
gustounos que nos explicaran tantas cousas!! e tamén nos gustou que nos queiran mandar unhas camisetas... iso si que foi toda unha sorpresa!!!


e chegou o paquete cos agasallos!!!
o certo é que estamos guapisimos coas nosas novas camisetas e ademais moi contentos por ser as dos pementos de padrón, deseño ao que pablo e salva lle teñen tanto aprecio.
moitas grazas!!!
bottom of page