top of page

xurxo lobato

xurxo andrés lobato sánchez, nado en a coruña no ano 1956, é un fotógrafo galego.

Licenciado en xeografía e historia, na  especialidade de Historia Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela, é membro da Real Academia Galega de Belas Artes Nosa Señora do Rosario na sección de artes visuais.

Antes de  rematar a súa licenciatura xa estivo publicando fotos en diversos medios periodísticos españois, así como no extranxeiro ao existir censura en España.

desde 1980 ata o ano 2004 estivo traballando no xornal "la voz de galicia".

son moitos os premios recibidos polo seu traballo ao longo da súa vida, entre os que podemos destacar; no ano 2003 o premio ortega e gasset a unha obra gráfica pola súa foto sobre o "prestige". no ano 2007 recibiu, polo libro "Vacas", o Premio Gourmand á mellor fotografía gastronómica do mundo e no 2012 o libro "el vino del mar", valeulle outro Gourmand Award, nesta ocasión, á mellor publicación gastronómica do ano en europa.

nestes anos tamén se dedicou á docencia e a organizar seminarios sobre fotografía en diversas cidades galegas. organizou numerosas exposicións individuais e colectivas, así como bastantes publicacións e a súa obra atópase en numerosas coleccións particulares e institucionais.

o dito; "unha imaxe vale máis que mil palabras" é o que mellor expresa a idea de por que contamos con xurxo para traballar o valor da sinceridade.

 

Elaborado por; irene buján garcía E rosa mª gato lueiro 

                                          curso 2016/2017

bottom of page