top of page


eferro
eferro é unha marca artesá, creada en merza-vila de cruces (pontevedra) que aúna tradición e modernidade.
Elena ferro é a súa creadora e tivo grandes mestres, xa que é a terceira xeración do oficio de zoqueiros na súa familia.
baixo esta marca, eferro, Elena e a súa familia manteñen vivo un oficio tradicional (que na actualidade está en extinción) e fan del o seu modo de vida.
no taller de Merza ademáis de Elena traballan, a súa irmá Chicha, a súa outra irmá Teresa, seu pai Alfonso, súa nai Emilia, a tía Agripina, y si algún día é necesario axuda algún sobriño.
os seus produtos van desde o calzado a todo tipo de accesorios como cinturóns, chaveiros, bolsos, carteiras...
agora mesmo o seu produto estrela son os zocos, xa que esta artesá soubo modernizar un oficio tan antigo dándolle o seu toque de creatividade, conseguendo así, que non se perda a tradición e reinventando un artigo de calidade adaptándoo aos nosos tempos.
lendo todo isto está maís que claro que elena é a persoa apropiada para axudarnos a traballar o valor da creatividade.







declarámonos fans de elena ferro!
e non só porque nos encanten os seus zocos e bolsos,eh? senón polo simpática que é!!
grazas á ceramista mar barral tivemos a oportunidade de manipular e deleitarnos cos produtos de eferro.
fixemos o noso propio deseño de zocos así que, agora, só nos queda aforrar para poder compralos.

bottom of page