top of page

alberto varela

alberto varela paz, nado en vilagarcia de arousa (ponteveddra) no ano 1975. é político do PSdeG-psoe.

Licenciado en Dereito. Traballou como asesor xurídico de Urbanismo no Concello de Vilagarcía desde 2006.

presentouse como candidato do PSdeG á alcaldía de Vilagarcía nas eleccións municipais de 2015,e  Foi elixido alcalde  como candidato da lista máis votada, obtendo 8 concelleiros pero sen acadar a maioría absoluta.

para que unha cidade funcione, o alcalde debe rodearse de persoas coas que traballar día a día en beneficio do seu pobo, e é por iso polo que alberto colaborará connosco  na aprendizaxe do valor do traballo en equipo.

Na nosa visita ao concello o alcalde fíxonos tres promesas;

- arranxar as beirarrúas que non están adaptadas ás cadeiras de rodas.

- VIr un día ao cole a tomar un café na nosa cafetería.

- cando consigamos o noso diploma de "produto galego" teremos que ensinarllo e el terá un premio para nós.

xa temos outra motivación para chegar a ser auténticos produtos galegos!!!

 Pois vai ser que o noso alcalde é un home de palabra!!!

non só arranxou as beirarrúas problemáticas, senón que tamén veu ao centro a visitarnos.

pasámolo moi ben!! Xogamos ao baloncesto, falamos do noso traballo e despois tomamos algo na nosa cafetería, onde botamos unhas risas e alberto dounos algún que outro consello (non podemos contar máis).

Elaborado por; irene buján garcía E rosa mª gato lueiro 

                                          curso 2016/2017

bottom of page