top of page

regras
en todo xogo hai unhas regras que temos que cumprir.
en produto galego son as seguintes:
1.- este xogo require, por parte dos participantes, dun esforzo individual, o que será unha peza fundamental para acadar un resultado de equipo.
2.- cada 15 dias (aproximadamente) traballaremos unha cualidade coa axuda dun "produto galego".
3.- cada xogador co seu traballo gañará (ou perderá) unha serie de puntos cos que poderá conseguir a carta da cualidade traballada.
4.- o obxectivo é que, ao terminar o xogo, eles demostren que son un "produto galego" ao ter acumuladas todas as cartas que os acrediten como posuidores desas cualidades.
reparto de puntos
puntos positivos
* realización das tarefas da aula (por materia);
* poñer en práctica un valor traballado;
* Profundizar no tema;
puntos negativos
* INCUMPRIR AS NORMAS DA AULA (ESTABLECIDAS POLOS ALUMNOS AO COMEZO DO CURSO);
AS NORMAS SON AS SEGUINTES;
- NON INSULTAR
- TRAER SEMPRE AS UÑAS CORTAS E LIMPAS
- NON APRETAR OS GRANS EN PUBLICO
- COMPORTARSE MELLOR
-NON MENTIR
- LEVAR LOS PANTALÓNS SEMPRE NO SEU SITIO
- RESPETAR CANDO OUTRA PERSOA ESTÁ FALANDO
- PROHIBIDO ESTIRARSE NA CLASE
- VOCALIZAR AO FALAR
- PROHIBIDO DICIR PALABROTAS
- OBEDECER AOS ADULTOS
-AVISAR Á PROFE CANDO SAIMOS DE CLASE OU IMOS A OUTRO SITIO
- NON CHIVARSE A NON SER QUE O PROFESOR PREGUNTE
- TRAER UNHA MERENDA SANA
- NON ESCAPAR
*FALTA GRAVE DAS NORMAS;
*incumprir un valor traballado;
Existe a posibilidade de recuperación de puntos coa realización de tarefas, determinadas polas profes, en función das faltas cometidas.
**novidade**os nosos alumnos están tan metidos no xogo que incluso se animan a apostar puntos! ás veces gañaranos e outras perderanos e sinalarémolo con esta pegatina máis o número de puntosm da aposta.







bottom of page