top of page

federico pérez

federico pérez rey, nado o 11 de setembro de 1976, é un actor galego.

ademáis de actuar en numerosas obras de teatro, federico participou tamén en series emitidas na televisión de galicia (tvg) como poden ser;  Padre CasaresAir GaliciaO show dos TonechosLibro de familia e Mareas vivas.

tamén participou en coñecidas películas;  18 comidasRetornosMar Adentro e Os fenómenos.

A federico pérez tamén o coñecemos polas súas interpretacións en programas de televisión. na actualidade podémolo ver en "era visto!" (na tvg).

entre as súas facetas máis descoñecidas para nós destacan a de guionista nas series Terra de MirandaPequeno HotelO rei da comediaAs leis de CelavellaMáxima audienciaZapping Comando e O show dos Tonechos, e a de asesor lingüístico nas series Mareas vivas, Terra de Miranda, e Cuarto sen ascensor, así como na película Mar Adentro.

foi nomeado aos premios mestre mateo como mellor actor protagonista nos anos 2007, 2011, 2012,2013 e 2015. e como mellor actor secundario no ano 2010.

dado que federico é unha persoa capaz de darlle unha volta ao que sucede no mundo e buscarlle o lado divertido e positivo, pensamos que el é a persoa axeitada para axudarnos a traballar o valor do optimismo.

Elaborado por; irene buján garcía E rosa mª gato lueiro 

                                          curso 2016/2017

bottom of page