top of page


moisés blanco
moisés blanco paradelo, nado no barco de valdeorras (ourense) no ano 1977, é político do partido popular de galicia.
Diplomado en Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago de Compostela, tamén é Técnico especialista en Informática de Xestión e técnico especialista en Protocolo e Relacións Institucionais.
foi concelleiro do PPdeG do Barco dende o ano 2003 ata o 2015, e candidato á alcaldía en 2007, 2011 e 2015. Deputado provincial (2007-2011) e vicepresidente segundo da Deputación de Ourense (2009-2011). Foi elixido deputado do Parlamento de Galicia nas eleccións do 2012, sendo o portavoz en materia de novas tecnoloxías.
nestas últimas eleccións, do pasado mes de setembro, volveu ser elexido deputado do parlamento, sendo na actualidade presidente da comisión 7ª de Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes.
ademáis de pola súa vida política, moisés destaca pola súa vida musical.
como amante da música que é, leva moitos anos adicándose a ela e, na actualidade, forma parte do grupo musical "Son do Sil", do que tamén é director.
o papel dos políticos é moi importante, xa que eles toman decisións que nos afectan a todos, e ese é o motivo polo que moisés vai traballar connosco o valor do respecto.







Na nosa visita ao parlamento de galicia vivimos experiencias moi interesantes; vimos un pleno en directo, coñecemos ao seu presidente, miguel santalices, e tivemos a sorte de compartir momentos con moisés.
A verdade é que a entrevista chegounos a pouco... quedamos con ganas de repetir!!!
a ver si cando "son do sil" saque o novo disco...

e chegou o momento no que "son do sil" sacou o seu novo disco e, mentres esparamos polo noso exemplar, tivemos a oportunidade de velos actuar en luar, o programa do noso "Produto galego" xosé ramón gayoso.
Moisés, sabedor de que gayoso tamén participaba no noso proxecto, fíxonos chegar esta foto.
Moítismas grazas moisés!!!!


bottom of page