top of page


pablo coira
Pablo coira lojo, nado en vilagarcía de arousa (pontevedra) no ano 1979, é un futbolista que xoga na demarcación de lateral dereito.
comezou a xogar de xeito profesional na s.d compostela, na segunda división, no ano 1.998. sendo xogador deste equipo, formou parte da selección de españa sub-20,a cal gañou o campionato do mundo no ano 1999.
nese mesmo ano ficha polo r.c. celta de vigo, onde na tempada 2000/2001 proclamaríanse campions da copa intertoto da uefa e sub-campions da copa do rei.
no ano 2003 ficha polo deportivo alavés, dende onde, tras unha cesión ao recreativo de huelva, marcharía ao iris de salónica no ano 2006.
un ano despois voltaría a españa para xogar a u.e. figueres, en terceira división.
na tempada 2008/2009 milita no equipo filial do r.c.d. español, na mesma división.
o ano seguinte marchou a hungría, fichando polo budapest honvéd f.c.
dende o ano 2013 traballa na "spanish soccer school" en dubai, entrenando a novos talentos ademais, en vilagarcía de arousa organiza, desde o ano 2012, un campus internacional que leva o seu propio nome e que conta sempre coa asistencia de grandes figuras do mundo do fútbol.
é debido súa traxectoria e a o moito que tivo que loitar todos estes anos,o moitvo polo que pablo nos axudará a traballar o valor do esforzo.




tivemos a oportunidade de entrevistar en directo a pablo e non a desaproveitamos!!
como está moi lonxe, en dubai, fixemos unha videoconferencia, o cal foi toda unha experiencia para nós.
descubrimos moitas cousas e o que máis nos sorprendeu foi saber que pablo considera a xavi hernández o mellor xogador de fútbol do mundo.
tivemos unha sorpresa; un balón adicado para cada un de nós. fíxonos moitísima ilusión!!
ademáis, pablo, invitounos a ir un día ata o seu campus a xogar un pouco con el ao fútbol. se podemos.... iremos!!!


bottom of page