top of page


xosé ramón gayoso
xosé ramón gayoso, nado en a coruña no ano 1956, é un dos presentadores de televisión máis coñecidos e máis queridos de galicia.
licenciouse en dereito pola universidade de santiago de compostela.
no ano 1987 inicia a súa carreira musical e forma o grupo "keltia" con álvaro someso. no seu disco a metade das cancións estaban interpretadas en galego.
posteriormente desprazouse a madrid onde exerceu como avogado.
traballa na televisión de galicia (tvg) desde o mesmo día da súa inauguración, o 25 de xullo de 1985. desde entón presentou diferentes programas; Entre nós, Lúa nova, O veciño do xoves, Adiviña quen ven esta noite ou Pensando en ti. no ano 1992 ponse ao frente do programa "luar", o maior éxito da tvg, e co que segue na actualidade.
vinte e cinco anos presentando o programa de maior audiencia da tvg son a mellor proba de fidelidade e confianza, por iso ninguén mellor que gayoso para axudarnos a traballar o valor da sinceridade.
traballando a unidade didáctica sobre xosé ramón gayoso enterámonos de que "son do sil", o grupo do noso "produto galego" moisés blanco, ía actuar no luar!!!
nós levamos de deberes ver o programa e temos unha foto que da fe de que o vimos. pero... como moisés sabía que gayoso tamén era un "produto galego" fíxonos chegar unha foto dos dous xuntos. moitísimas grazas!!!!


bottom of page