top of page


XOSÉ ANTONIO TOURIÑÁN
XOSÉ ANTONIO TOURIÑÁN RODRIGUEZ, NADO EN CULLEReDO (A CORUÑA) NO ANO 1980. É HUMORISTA E ACTOR.
estudiou filoloxía galego-portuguesa pero a súa vida cambiou cando creou o dúo humorístico "mucha e nucha" (tamén coñecidas como "cantareiras de ardebullo" ou "pandereteiras de ardebullo") co seu amigo marcos pereiro , que foi un éxito en toda galicia.
no 2004 comezaron a realizar actuacións na sala nasa de santiago de compostela e no 2007 participan puntualmente en programas da radio galega e máis tarde darían o salto á televisión no programa "luar".
participou en obras de teatro, longametraxes, curtametraxes e series de televisión.
presentou dous programas na tvg; "tourilandia" e "botarse ao monte", co cal conseguiu o premio mestre mateo 2009 ao mellor comunicador.
NA ACTUALIDADE COMPAXINA A TELEVISIÓN (PARTICIPANDO NO PROGRAMA "LAND ROBER" e "era visto") CO TEATRO (PROTAGONIZANDO "O MONÓLOGO DO IMBÉCIL" E ACTUANDO NA OBRA "CURTIS&TEIXEIRO" CON FEDERICO PÉREZ).
dado que a especialidade de touriñán e facernos rir, el será quen mellor nos explique a importancia do sentido do humor.


bottom of page