top of page

luis piedrahita

luis piedrahita, nado en a coruña no ano 1.977, é humorista, ilusionista, escritor e director de cine. moi coñecido polas súas aparicións en televisión e radio, e especialmente apreciado polos seus monólogos de humor.

traballou como guionista e colaborador no programa "el club de la comedia". actualmente faino no programa "el hormiguero 3.0" onde presenta os seus monólogos e a súa maxia.

a lungametraxe "la habitación de fermat" é obra súa, e ademáis recibiu numerosos premios nacionais e internacionais.

como xa comentamos ao principio, outra das súas facetas é a de escritor, e escribe libros de humor; " A mí este siglo se me está haciendo largo", "El castellano es un idioma loable, lo hable quien lo hable", "¿Por qué los mayores construyen los columpios siempre encima de un charco?", "Dios hizo el mundo en siete días… y se nota", "¿Cada cuánto hay que echar a lavar un pijama?" e "Un cacahuete flotando en una piscina…¿sigue siendo un fruto seco?" Ademáis, escribiu un libro de literatura infantil titulado "Diario de una pulga" e outro de maxia que se titula" Monedas y otras historias".

temos que destacar que luis foi distinguido, o pasado mes de abril, co  considerado premio Nobel da Maxia da Academia das Artes Máxcas de Hollywood (EE.UU.), un recoñecemento á excelencia.

porque destacar en tantas facetas requiere de moito traballo é o motivo  polo que consideramos que luis piedrahita é a persoa perfecta para axudarnos a traballar o valor do esforzo.

Elaborado por; irene buján garcía E rosa mª gato lueiro 

                                          curso 2016/2017

bottom of page