top of page

MARTA ÁLVAREZ

marta álvarez quintero, naceu en vigo (pontevedra) aínda que na actualidade vive en cumbraos, monterroso (lugo), é unha emprendedora e unha empresaria "de la leche".

licenciada en  administración e dirección de empresas, un día decidiu poñerse ao fronte dunha granxa de vacas leiteiras. e foi todo un acerto!! xa que a súa"granxa maruxa"resultou ser do máis innovadora; música de fondo e o establo pintado de alegres cores.

un dos seus proxectos foron as "maruxas; unhas galletas elaboradas de xeito  tradicional a partir de ingredientes ecolóxicos: nata obtida de leite de vaca da súa granxa, trigo de cultivo ecolóxico e caña de azucre ecolóxico.

este proxecto recibiu numerosos premios; 

- premio de excelencia á innovación para mulleres rurais 2011.

-premio alimentos de españa a mulleres emprendedoras.

- no 2013  recibe en bruxelas o international superior taste&quality award.

- zoco de ouro pola recuperación de sabores antigos.

como xa dixemos, marta é unha muller emprendedora e agora está inmersa nun novo proxecto de productos cosméticos chamado "Muuhlloa"; unha cosmética 100% galega realizada con productos ecolóxicos.

marta demostra que é unha muller con ideas e que non se rinde, e é por iso polo que contamos coa súa colaboración para traballar o valor do optimismo.



 

MARTA ÁLVAREZresponde ás preguntas formuladas polos alumnos da aula 3
00:00

MARTA ENVIOUNOS  AS RESPOSTAS AS NOSAS PREGUNTAS EN AUDIO E CANDO O ESCOITAMOS EMOCIONÁMONOS MOITO PORQUE MARTA FALÁBANOS CON MOITÍSIMO AGARIMO.

PARECE SER QUE, POR MOTIVOS VARIOS, IGUAL NON TEMOS A OPORTUNIDADE DE COÑECELA EN PERSOA ESTE CURSO, PERO O QUE SI FIXEMOS FOI "WHATSAPPEAR" UN POUQUIÑO CON ELA E PODEMOS DICIR QUE ACERTAMOS DE CHEO AO PENSAR NELA COMO A PERSOA AXEITADA PARA AXUDARNOS A TRABALLAR O VALOR DO OPTIMISMO. 

bottom of page